Risas libres, tamén con Rosalía e Castelao

Xa o fixeron antes os do Zaping Comando con Rosalía e a semana pasada os Tonechos atreveron a roubar o cadaleito de Castelao… glorioso, pedagóxico e escarallante! Hai que quitarlle ferro a estas cousas. Moita máis provocación inexplorada cumpría neste país. E que teñen que facer estes dous cómicos estupendos para que algúns lles recoñezan o mérito? Quitar o pixama e o casco, facer o programa nun teatro e poñerlle “El Club de la Comedia”? Autodefinírense como clowns?
Vía As uvas da solaina descubro un artigo no Faro cun ton admonitorio que me parece un chisco esaxerado.
Vivan os Tonechos e a Galega! Dicían os Aduaneiros, Mata os teus ídolos…
PD: O humor é terapéutico

Ao sr Cáccamo vaise-lhe um chisco o pote no artigo do Faro. Semelha um integrista-islámico chamando à guerra santa contra de occidente por mor das caricaturas do Maomé ou um bispo espanhol poniendo el grito en el cielo por el desmoronamiento de la sacra institución familiar provocado por el guerracivilista gobierno ZP.
Mais humor senhor Cáccamo, que para a defesa dos mitos sagrados intocáveis já nos chega com as instituçons religiosas, UPG inclusível.
Andaime, completamente dacordo contigo: Vivan os Tonechos e a Galega! e kill yours idols.
Comment by jxo — May 23, 2007 @ 4:09 pm
E como di o tal marcel: “máis croquetas coa momia de Rosalía”
Comment by andaime — May 23, 2007 @ 8:42 pm
É certo que na TV de hoje em dia vê-se, mormente, uma cheia de merda. Mas de quando em quando há cousas boas, e em contadas ocasiões autênticas obras mestras, pérolas de glória. Às vezes cuido que já só polas pequenoas cousas pode valer a pena.
Comment by Uz — May 24, 2007 @ 4:42 pm
NOTA: ora bem, apesar do meu comentário anterior… levo mais de um ano muito feliz sem ver televisão*
(*) Alguma vez cada muiiiitas semanas (3 ou 4) ao melhor vejo 5 ou 6 horas de TV, mais que nada quando volto à casa. Mas de resto, feliz e liberado.
Comment by Uz — May 24, 2007 @ 4:43 pm
Nao paro demasiado diante do televisor, pero confeso que gosto muito del. Non me custaría estar horas e horas parasitando em sofá-zapping. Sou mas débil que voc~e
Comment by andaime — May 28, 2007 @ 9:27 pm