andaime

May 22, 2007

PG: Xenios e figuras

Filed under: politiques

globinhos
E haberá que recoñecer que o Partido Galeguista lle está dando moita vidiña á campaña destas municipais.

Da apertura mitineira con Jeanette, Tony Ronald e outros clásicos fóra de tempo, para presentarlle aos coruñeses a alternativa a outro clásico da canfurnada herculina. Simpáticos exabruptos e frases para a lembranza, innovacións lingüísticas e insospeitadas e exóticas delegacións…

e mesmo sorpresa no coruñés Pazo da Ópera para a fin de festa.

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://andaime.blogsome.com/2007/05/22/pg-xenios-e-figuras/trackback/

  1. O candidato do PG en Redondela, Alejadro Bastos, expulsado do PSOE sendo concelleiro de parques e xardíns por unha acusación de proposicións deshonestas (das que, todo sexa dito, creo que nunca se presentou denuncia) sempre suscita as mesmas primeiras impresións ¿de onde sacarían a ese home? ¿non había nada mellor?
    O certo é que esta última lexislatura tivo un escano (ou dous) no concello coa súa candidatura independiente por que seica o valoran moito na súa parroquia (Chapela). Unha vez se coñece, resulta unha personaxe entrañable dentro da mezquindade política local. Fundamentalmente porque na súa inxenuidade solta unhas perlas preciosas: (nun recente debate radiofónico)
    -(Bastos) É vergonzoso que aínda queden parroquias, como Vilar ou Cabeiro, nas que só o 50 ou 70% das casas teñen alcantarilladio.
    -(Concelleiro de medio ambiente) Precisamente nesas parroquias que vostede acaba de nombrar non hai nin unha sola casa con alcantarillado, cero por cento, porque as obras dos colectores aínda se empezaron a executar este ano.

    Personalmete, teño dúbidas sobre si prefiro ter concelleiros tontos (con todo o respeto) ou demasiado listos (e non me refiro a ese de medio ambiente).

    Comment by F. Miguez — May 23, 2007 @ 11:12 am

  2. Vaia paxaroo este. Si, o PG forzou todo, desde a propia marca, aos candidatos. Por outra parte, ás veces penso que é unha certa resignación que remata facéndonos ver entrañables até a estes pájaros.

    Comment by andaime — May 23, 2007 @ 8:50 pm

  3. pero non pensades que, con todo, estas municipais están sendo menos choqueiras ca outras. Por certo, graciñas pola despedida…

    Comment by abobriga — May 24, 2007 @ 4:08 pm

  4. Nunca cansarei de dizê-lo: o único e autêntico PG está dentro do BNG. Trata-se do PNG-PG: http://www.png-pg.org/

    Manuel Soto é um hipócrita, falso, falsário, mentireiro e chocalheiro.

    Comment by Uz — May 24, 2007 @ 4:47 pm

  5. Pois á fin a Soto non lle valeu a marca do PG! Xa pode pasar a devolvela.

    Comment by andaime — May 28, 2007 @ 9:29 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers