Criminalización a toda costa: O PP presiona, os demais conceden

Acción Nacionalista Vasca, ANV, acaba de recordar, unha vez máis, que nos seus estatutos condena explicitamente a violencia.
Paradoxalmente, nesta altura do despropósito que o PP axita e o PSOE renuncia a combater, seica xa non importa ese detalle vital. “Miren para aquí”, di o PP, “ANV é Batasuna”. Se tal estremo fose completamente certo, logo será á fin que Batasuna deu o paso e subliñou fronte á ETA que a violencia debe rematar para darlle paso unicamente á política.
Pero seica xa non importa, nos cenáculos madrileños xa xulgaron e sentenciaron. As concesións que o propio Arnaldo Otegi foi deixando no seu discurso nos últimos tempos, no canto de vérense coma o vaso medio cheo, como ingredientes para a paz, son sistematicamente desacreditados, o vaso medio baleiro.
Neste momento preciso, quen fai máis por afortalar a ETA é quen lle pon cancelas á evolución e a consolidación das alternativas políticas da esfera abertzale.

A miña teoría é que non queren a negociación os do pp, porque son os seus infiltrados na propia eta os que se descubrirían coma os mais sanguinarios, presuntamente. ¿Se Permach pide o voto pro PP, pedirian a Ilegalización? A Estes todos non lles interesa a Paz, senón despois teñense que dedicar ao paro, a vivenda, aos salarios, as pensions…
Comment by susolista — May 15, 2007 @ 5:10 pm
quen sabe, como din os do Inseminario, calquera día é noticia: “a Fiscalía do Estado plantéxase pedir a suspensión de actividades do Mercadona, pois foi vista unha antiga membro de Batasuna mercando pan de multicereais nun establecemento de Bilbao” http://inseminario.blogspot.com/2007/05/novas-ilegalizado-o-pp.html
Comment by andaime — May 15, 2007 @ 5:17 pm