andaime

February 5, 2007

O mandil escolar: Esa arma de subversión masiva

Filed under: politiques

xastren
Hai tempo que algúns predicadores de apocalipses avisaban contra perversas influencias sobre os cativos a través dos libros de texto. Advertían que os materiais escolares onde se destacaban contidos de carácter local en áreas como a xeografía ou a historia eran escuras ferramentas sementadoras de separatismos nas cabeciñas dos infelices raparigos. Algo desa polémica hai na paradoxal polémica do mandil.

Os receos e sospeitas sobre presuntos nacionalismos a enchouparen os textos pedagóxicos non teñen razón de ser. Desde o punto de vista pedagóxico é normal que se introduza aos pequenos en determinados conceptos desde aquilo que teñen máis próximo. Desde o local é máis doado que pouco a pouco se poida comprender o global. E porén os axitadores dalgunhas tertulias non parecían entender de métodos didácticos e teimaban en ver ameazas nacionalistas. Certos sectores mesmo vían pantasmas separatistas nesas cuestións cando gobernaba o PP de Manuel Fraga.

Temos de actualidade recente outra presunta ameaza nacionalista agochada atrás dos aparentemente inofensivos mandís escolares. Noutro planeta non sería cuestión sospeitosa que os cativos do xardín de infancia dispoñan dunhas prendas coas que poder emporcallárense a gusto con pinceis, plastilinas e colorinchos varios, como recomenda a aprendizaxe a esa idade. Paradoxalmente, aquí parece existir esa ameaza, e seica os mandís dos rapaciños son en realidade sofisticadas armas de inmersión ideolóxica utilizadas polo nacionalismo, e a Vicepresidencia da Xunta en particular, para encarreirar desde novas as cabeciñas do país.

Medios de fóra proporcionaron a distorsionada interpretación, e por desgracia houbo quen picou o anzol e viu pantasmas onde non as había.

Sobre o asunto falan no blogomillo Brétemas e Blas García.

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://andaime.blogsome.com/2007/02/05/o-mandil-escolar-esa-arma-de-destrucion-masiva/trackback/

  1. Blas García, como bom político, é tremendamente demagogo. Quase prefiro ser jornalista-manipulador :-p

    Comment by Uz — February 12, 2007 @ 11:48 pm

  2. Boas

    Teño problemas para subscribir todos e cada un dos teus feeds. Probei con varios agregadores. Podes revisalos?

    Comment by Calidonia — March 16, 2007 @ 8:11 pm

  3. E desapareceches, meu?

    Comment by besbe — March 23, 2007 @ 7:39 pm

  4. Volva, Robert! Ou é que já só escreves aqui http://www.vieiros.com/blog/?

    Comment by Uz — April 14, 2007 @ 9:57 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers