Paco Vázquez: Pregunten polo alcalde

E falando de iLusionistas, Don Francisco Vázquez estivo este xoves nos micrófonos da Radio Galega, aínda que por momentos eu dubidei de se era el realmente ou o seu imitador.
Contou entre outras cousas que seica van moitos galegos por Roma, e que se achegan a visitalo, “non preguntan polo embaixador, preguntan polo alcalde”, presumiu o ex rexedor, “cántanme a rianxeira e o lalalá, algunha vez emocionáronme e case me fixeron chorar”, relatou.
“[Pregunta da locutora]: estáse mais cerca do ceo desde o vaticano? [Resposta] Sisisí (…)”

Afortunadamente, o dia que se emitiu não me tocou trabalhar
A entrevista na íntegra está na web da CRTVG.
Comment by O Chairego Despistado — December 1, 2006 @ 7:13 pm
pois se está mais preto do ceo, fará ben en quedar aí para sempre!
Comment by torredebabel — December 7, 2006 @ 6:40 pm
Unha curiosidade… ¿onde atopaches esta foto?
Comment by Curio — March 18, 2007 @ 8:01 pm