Guía de micronacións

Veño de facer visita ao Estado de Porto Claro, primeira micronación lusófona que, despois de dez anos de vida, decidiu disolverse hai cousa de tres anos, malia que a rede conserva os seus restos.
Aínda que a idea xa viña de antes da expansión internáutica, a brincadeira das micronacións ten escenario a xeito no planeta virtual, onde agroman un golpe delas. Entre as miñas preferidas está Ladonia, creada polo artista sueco Lars Vilks, logo de rifar coas autoridades locais, que consideraron que as esculturas que pola súa conta andaba montando a pé de costa podían ser consideradas unha “edificación” e por tanto, de acordo coa lei de protección de espazos protexidos, había que derrubalas… Xa ven que na cousa do feísmo son moi estritos os nórdicos e aplícanlle a peneira á propia arte. Aquí somos máis democráticos e de feísmo, durante moito tempo oficialmente promovido, válenos todo.
En Boing-Boing hai link a unha entrevista con Simon Sellars, autor do guieiro “Micronations”.

Guía de micronacións
“Veño de facer visita ao Estado de Porto Claro, primeira micronación lusófona que, despois de dez anos de vida, decidiu disolverse hai cousa de tres anos, aínd que a rede conserva os seus restos. Aínda que a idea xa viña de antes da expansión i…
Trackback by chuza.org — November 23, 2006 @ 10:35 pm
Ói! Agora que vejo isto, lembro algo que (afortunadamente) já tinha esquecido. Há um par de anos um grupo de colegas (entre os quais estava eu) fizemos algo similar. Tratava-se de criar a web do IMPÉRIO GALLEGO GALLÁCTEO (lema «A Galliza limita c’o espaço exsterior»).
Tratava-se de imaginar um futuro fictício onde a Galiza conquistara ‘úbere et orbe’ (X-D) e o galego (com orthographia medievalizante) era língua de uso universal.
Esa primacia galega fora mercê ao processo de ruminização, que convertera os galegos em ‘ruminantes’ (como rumiantes, mas a 2 patas).
A web que saiu daí (hospedamo-la num servidor gratuito, http://membres.lycos.fr/imperiumruminanti/) não é nenhuma maravilha, mas os nossos colegas mais Manolo Gago (professor e tutor nosso nesta andaina demencial) rimos todos os dias ao largo de 3 meses
Comment by Uz — November 24, 2006 @ 12:55 pm
:)))) Xenial!!!
Comment by andaime — November 24, 2006 @ 10:16 pm
O trabalho que nos dera a ‘merda’ de jogo de «A Conquista de Bóstia» (ao mais puro estilo das aventuras conversacionais, q belos recordos
Comment by Uz — November 24, 2006 @ 11:16 pm