andaime

November 19, 2006

Enredados (2)

Filed under: blogueredes

bloggus
Respecto á miña propia intervención, resumo algúns dos puntos que toquei:

  • A idea de que os blogs serán o que os internautas queiran que sexan. Veume ao xeito para comezar a tirar do fío un post visto no blog de Manuel Gago. A idea é que o internauta, o usuario, manda.
  • O probábel erro de falar moitas veces de blogs no contorno dun presunto enfrontamento, un choque entre blogs e prensa tradicional, que penso que distorsiona o debate. Cando se fala de crise de prensa tradicional, se cadra estase sendo un chisco simplista. O que a min me preocupa non é que se vendan menos xornais en papel, o que me preocupa é que diminúa a calidade deses xornais. O problema da información é algo así como o problema da Coca-Cola, que non ten problema ningún: A información non ten problema ningún. Á xente gústalle o refresco de Coca-Cola, non vai desaparecer, poden mercar Pepsi, Casera ou Coca-Cola. Coa prensa, independentemente do formato, a xente ten un devezo pola información. A necesidade de información non desaparece porque se vendan menos xornais. A xente infórmase a través doutras canles.
  • A importancia dos puntos de encontro, como Blogaliza ou Chuza. Non importa por exemplo, que nun momento dado topemos con que as primeiras doce referencias de Chuza sexan a temas de fóra de Galiza, se en principio se supón que debera servir para peneirar cuestións de interese galegas. Velaí outro desafío: O importante do que se di nos blogs non só é que abran espazo para falar do máis próximo a un mesmo, senón tamén o seu papel como espazo para falar do mundo pero desde o punto de vista próximo. Lembrei o lema do Igadi, o Instituto Galego de Análise Internacional, “pensar o mundo desde aquí”, ao noso xeito, reflexións enriquecidas pola nosa propia e particular forma de ver o mundo.
  • Probablemente os blogs non amosaron aínda nin a metade do potencial que teñen. De momento foron máis peneira de informacións xa existentes que ferramenta para achegar informacións alternativas. Politicamente por exemplo, os Estados Unidos, que é o contorno que vai dando pistas do que despois acontece por outros pagos, amosou que inicialmente demostraron a capacidade de recuperar para a axenda temas que xa pasaran tempo antes pola prensa tradicional, relanzándoos, amplificándoos, dándolle unha importancia que se cadra pasara desapercibida antes.
  • A percepción de que a bloguesfera ten un elevado potencial, pero aínda toma demasiado como referencia aos propios medios tradicionais de comunicación, no canto de á rede blogger en xeral.

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://andaime.blogsome.com/2006/11/19/enredados-2/trackback/

  1. A grosso modo concordo com as tuas afirmações, especialmente no segundo parágrafo, que conclues com “A necesidade de información non desaparece porque se vendan menos xornais. A xente infórmase a través doutras canles”.

    O terceiro parágrafo, também para tirar o sombreiro. De facto, o que diz vinha a ser o subtítulo originário do meu blogue (e ainda aparece nas meta-tags).

    No entanto, sou céptico com o primeiro parágrafo e com os dous últimos. Duvido que os blogues cheguem a ser ao 100% o que os blogueiros queiram que sejam. Não esqueçamos, por uma parte, que os blogues são tecnologia, e que essa a tecnologia a faz alguém (não necessariamente blogueiros).

    Por outra parte, tenhamos também em mente que os blogues, como outras experiências tecnológicas, comunicacionais e sociais, está condicionado por modas e por outras dinâmicas que nem sempre surgiram dentro do ‘ambiente’ blogueiro.

    Saúde!

    Comment by Uz — November 21, 2006 @ 7:22 pm

  2. Otro servicio para crear bitácoras en Galego Nireblog.com/gl [http://nireblog.com/gl]

    Comment by David — November 21, 2006 @ 10:42 pm

  3. ¿Hai galegos na rede?

    Por fin he podido ponerme con las notas que tomé durante la mesa Hai un galego na Rede de las jornadas Enredad@s que se celebraron del jueves al sábado pasado en Santiago de Compostela. Todos los errores que pueda haber…

    Trackback by Microsiervos — November 22, 2006 @ 7:28 am

  4. Olá Uz,
    concedamos logo que non ao 100%, a ideia vinha ao caso de não mitificar a tecnologia e sublinhar que o importante são as pessoas e o uso que fazem dela.

    Por certo, aproveito para felicitalo pelo seu bom labor radiofónico :)

    Comment by andaime — November 22, 2006 @ 9:42 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers