andaime

November 9, 2006

Quintana: Marcando os vice-espazos

Filed under: politiques

bosealle
Acabo de lere na bitácora do deputado socialista Xosé Manuel Lage que rematou a moi comentada campaña radiofónica “A vicepresidencia de Anxo Quintana…”. Desde que a escoitei a primeira vez pareceume un exemplo máis da teima desde cada unha das áreas do goberno por marcar espazos desde o primeiro momento, sacando peito e tratando de personalizar o máis posible cada un dos logros e pasos dos seus respectivos departamentos.

Entre os episodios máis lamentábeis estivo ao comezo o monopolio fotográfico do presidente Touriño na portada da web da Xunta ou a ruptura das axendas oficiais, enviadas agora por separado desde cada un dos bandos socialista e nacionalista. Sorprende a falta de tacto e diplomacias internas de ambos os dous pés do bipartito.

E chama a atención tamén que comezasen desde tan cedo con certo tipo de detalles: citar só aos persoeiros de cadanseu partido en actos nos que hai representación de PSdeG e BNG, e desaproveitar as oportunidades de iniciativas que implican a varias consellarías para proxectar a imaxe de colaboración e solidez do goberno. Munición gratis para os que insisten en que non hai un goberno, senón dous…

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://andaime.blogsome.com/2006/11/09/quintana-marcando-os-vice-espazos/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers