andaime

November 3, 2006

Xornalismo: Outra boa explicación

Filed under: outres

llournal Remexendo na web do equipo de deseño de Mario García, reparo especialmente nun texto que explica o traballo realizado para o xornal Folha de São Paulo, ao que se define como “o xornal do futuro”.

Citando unha publicación de 1918 di García que as noticias eran definidas como “algo que averigüei hoxe e do que non sabía onte”.

Na actualidade, segundo explica a continuación, a nova definición é: “Algo do que xa oíra onte e que hoxe entendo”.

Corcoba 2007: onde andaban os mozos de Amena?

Filed under: politiques

Agora que está de actualidade que un micropartido improvisado conseguise cota electoral por terras catalás, non estaría de máis que o PP lle botase un ollo en serio ao que se move por terras coruñesas.

Os CORuñeses COn Buenos Argumentos, especulen como se discorre a marca dun partido, están amosando dinamismo na cousa do márketing e de paso, redescubrindo unha descoñecida hiperactividade política da que non dera mostras Fernando Rodríguez Corcoba cando lucía as cores do PP coruñés. E agora que os rebuldeiros mozos e mozas da telefonía desaparecen da escena publicitaria, velaí os mozos Corcoba ameazando o espazo ao que aspiraban os populares no posvazquismo.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers