A rede é moi grande amijo Pedro
Curiosa secuencia de feitos:
1.Homo Zapping fai unha xenial parodia da obsesión de El Mundo co 11M e a ETA
2.Soben captura dese anaco do programa ao Youtube e a brincadeira espállase moito máis aló do que chegara televisivamente.
3.Os mentideiros fanse eco do malestar do director de El Mundo con Antena 3 debido a ese sketch.
4.En Youtube o vídeo deixa de estar accesible, informando unha mensaxe de que debido a restricións cos dereitos de autor se retirou. Paradoxalmente só ese vídeo é inaccesible, podéndose visualizar os demais videos do mesmo programa, Homo Zapping, con outras brincadeiras.
5.O vídeo aparece noutras webs e portais, como Dalealplay.com.
6.O vídeo volve a estar accesible en Youtube.

ainda non o vira e está de puta madre. Asique se queixou jls e pjr ao de a3. que lle vaian dando a estes adalides da “libertá de impresión”
Comment by suso lista — November 3, 2006 @ 5:37 pm
Onte emitiron un [i]déjà vu[/i] no mesmo programa para repetir o vídeo. Magnífica forma de ridiculizar a censura mediante a paramnesia, que provoca a evocación do que lle molestou a Pedro J. e esperta a curiosidade dos espectadores.
Comment by Rúadosol — November 3, 2006 @ 7:02 pm
:))), moi bo, gustoume iso da “libertá de impresión” Suso!
Comment by andaime — November 4, 2006 @ 11:14 am
Non vin o déja vu, Rúadosol, pero concordo coa túa reflexión, o humor intelixente é arma poderosa contra as censuras.
Comment by andaime — November 4, 2006 @ 11:17 am