andaime

November 2, 2006

A rede é moi grande amijo Pedro

Filed under: netizens

pedrum Curiosa secuencia de feitos:
1.Homo Zapping fai unha xenial parodia da obsesión de El Mundo co 11M e a ETA
2.Soben captura dese anaco do programa ao Youtube e a brincadeira espállase moito máis aló do que chegara televisivamente.
3.Os mentideiros fanse eco do malestar do director de El Mundo con Antena 3 debido a ese sketch.
4.En Youtube o vídeo deixa de estar accesible, informando unha mensaxe de que debido a restricións cos dereitos de autor se retirou. Paradoxalmente só ese vídeo é inaccesible, podéndose visualizar os demais videos do mesmo programa, Homo Zapping, con outras brincadeiras.
5.O vídeo aparece noutras webs e portais, como Dalealplay.com.
6.O vídeo volve a estar accesible en Youtube.

Máis dos Bancos de Tempo

Filed under: econ

tempo Algún ou algunha amable internauta deixou ampliación sobre o futuro dos Bancos de Tempo en Galiza nun post anterior. Nunha berza tiña apuntada ligazón a unha entrevista en Consumer a Querubina Meroño, directora do Banco de Tempo de San Javier, en Murcia.

Velaí unha idea:

Pregúntanlle: “Son compatíbeis os Bancos de Tempo cos sistemas económicos tradicionais?”
Responde: “Hai que pensar que os negocios de tempo son algo complementario ao resto das economías, que non lles fai dano, senón que sucede o contrario: as persoas reaprenden a axudárense”.

Malos tempos para as paces

Filed under: politiques

pomba En nota de prensa oficial, a Conferencia Episcopal desmentía en días pasados a veracidade da noticia que El País publicaba co seguinte titular: “O Vaticano apoia o proceso de paz logo da mediación do bispo Uriarte. O prelado actúa como interlocutor entre Roma e as partes implicadas”.

Os equilibrios políticos impídenlle seica ao Vaticano un propósito tan louvable como o apoio a un proceso de paz? Por eses mesmos días, o líder do PP, Mariano Rajoy, afirmaba diante da militancia que lle debía pedir a Zapatero que pare “ese proceso”. Evitou engadir “de paz”… Non queda bonito opoñerse á paz, aínda que a paz non estea de moda.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers