andaime

October 23, 2006

Operación Ocupación Duradeira

Filed under: outres

simpsonses Ao fío desas inercias que contribúen a recurtar liberdades, velaquí unha brincadeira dos Simpsons que comentan polas Américas sobre un capítulo en preparación para ser emitido no Halloween deles (Samaín noso): Os extraterrestres chegan a Springfield na busca de “armas de desintegración masiva”, na misión bautizada “Operación Ocupación Duradeira” que remata convertida nun lamazal. “Deberiades saudarnos como liberadores”, acúsalles aos springfieldianos un dos aliens… A que lembrará este discurso.

Os políticos teñen medo a escoitar protestas?

Filed under: politiques

berrando En todas as manifestacións pode haber quen vai con ánimo de rebentar o acto ou a quen o acto lle rebenta o ánimo e non é capaz de manter os modos. Vén a conto o asunto da recente protesta “sufrida” por Josep Piqué e Ángel Acebes, mediaticamente atribuída a “radicales independentistas”. Xosé Blanco vén de louvar na súa bitácora que Montilla “botou” do partido o responsábel local das Xuventudes Socialistas que seica estaba na tal manifestación. Non consta que o rapaz batera en ninguén, simplemente o delicto que o seu partido lle atribúe semella ser o de “estar” na manifestación. Tampouco consta que lle preguntaran ou investigaran se foi el un dos que ensaiaron algún garapaldo nas costas de Acebes ou Piqué. O seu (presunto) delito é simplemente “estar” nunha concentración de protesta cidadá. A lixeireza co que a executiva socialista aplica un recén inventado código de conducta non cheira a democrático proceder precisamente. Ao fío, paréceme recomendable o artigo de Xosé María Torres Bouza en Vieiros sobre psicoses e histerias.

Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers