Do encontro luso-galaico de blogs

Polo aquel de que a alguén que por aquí pase poida interesarlle verei de como subir ao Andaime a cavilación explicada esoutro día por terras do Porto: A política no blog: onde está o debate?, ao fío da blogopolítica galaica, ou cousa parecida…
A cota galega, ademais de Catuxa Seoane, que formaba parte da organización, estaba representada tamén por Lara Dopazo Ruibal e David Lombao Rodríguez, co traballo: A normalización lingüística do galego através dos blogs: O caso de Blogaliza, e Gerardo Uz, Jéssica Beiroa e Joám Evans, que enviaron a reflexión: Aplicações dos blogues na educação para o desenvolvimento.
Por outro lado, algunha recomenda traída: velaí un libro presentado no Encontro e descargábel de balde en internet:
Blogs e a Fragmentação do Espaço Público, de Catarina Rodriges. No mesmo Laboratório de Comunicação On-line da Universidade da Beira Interior poden baixarse tamén outras interesantes publicacións.

Unha alegria ver un paisano no encontro, con o cerca que estamos dos veciños portugueses e os poucos galegos que foron…
Comment by Catuxa — October 18, 2006 @ 9:08 pm