andaime

July 5, 2006

Planeta Giertych

Filed under: politiques

giertiche
O abuelete entrañable ese da foto vén de axitar os asentos no Parlamento Europeo, ese foro tradicional e presuntamente tan comedido e sutil nos discursos, defendendo o franquismo e dicindo que: “A esquerda española comportouse como os blocheviques e fusilou catro mil sacerdotes. Grazas a Franco, a Igrexa e o exército o ataque comunista contra a España católica púidose superar”. Estrema dereita en estado puro, Maciej Giertych é un dos líderes da Liga das Familias, partido ultra polaco, que reúne esas dúas características que estes días xuntan un golpe de xentiña por terras de Valencia para o “Encontro Mundial das Familias”, á beira de Bieito XVI: defensa do modelo de familia tradicional unida ao ultracatolicismo.

Alén de que o Europarlamento veña servindo moitas veces para retiro espiritual de vellas glorias dos partidos, Giertych pai ten sucesor en Giertych fillo, cumprido seguidor das súas teorías, incluída belixerancia contra os homosexuais, fortemente perseguidos en Polonia. Gyertich fillo vén de ser nomeado ministro de Educación, triste nova para o ensino…

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://andaime.blogsome.com/2006/07/05/planeta-giertych/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers