andaime

May 24, 2006

A peaxe de Rande e o paradoxo da Barcala

Filed under: econ

peaxe_imaisde
Na supresión da incomprensíbel peaxe que facía obstáculo no acceso a Vigo tén moito que ver o espectacular movemento cidadá artellado na comarca do Morrazo. O dinámico e imaxinativo comportamento que durante tanto tempo mantivo a plataforma cidadá turrando pola supresión e teimando en manter na axenda ano tras ano o asunto é unha das claves necesarias para que se conquistase a desaparición das barreiras. Ao norte, na veciña comarca de autoestrada, A Coruña vía desaparecer a peaxe da Barcala sen necesidade dun colectivo similar, cunha conquista que chegaba de rebote e cun aquel de paralelismo equilibrador para coa terra onde o vazquismo, á defensiva e na busca de presuntas discriminacións á menor ocasión, convertira o coruñesismo en arma arreboladiza. Xa que logo, e máis despois da reforma de accesos á cidade, con vía de dobre sentido para a entrada desde San Pedro de Nós, penso que o sentidiño e as necesidades reais da comarca pedían que a libre circulación pola autoestrada viñese de algúns kilómetros antes que a barreira d’A Barcala.

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://andaime.blogsome.com/2006/05/24/a-peaxe-de-rande-e-o-paradoxo-da-barcala/trackback/

  1. Engádote ás miñas ligazóns. Saúdos rabudos.

    Comment by rabudo — May 24, 2006 @ 8:47 pm

  2. señor rabudo, queda vostede fichado no andaime ;)

    Comment by noguerol — May 25, 2006 @ 6:25 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers