andaime

May 23, 2006

Montenegro

Filed under: politiques

Escoitei de Montenegro por vez primeira aló en pretéritos tempos cando no medio daquel “Tartarín de Tarascón” de Daudet apareceu un tal príncipe Gregory de Montenegro ao que por máis ínfulas que o home se dera non coñecía ninguén. Agora que está de actualidade e que leo en La Vanguardia o editorial “Montenegro se va”, penso eu máis ben que o que fai este paisiño é precisamente “vir”. Non por nada a convicción de que entrarían máis axiña na UE unha vez independizados de Serbia foi un dos argumentos manexados nesta campaña. E todo sen estridencias nin crispacións nin apocalípticos “alomojós”, mesmo cun presidente eslovaco na comisión electoral. Eslovaquia, outro exemplo de que marcar espazos co veciño tamén serve para reforzar vencellos con el. Paradoxos da vida.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://andaime.blogsome.com/2006/05/23/montenegro/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers