Galescolas

En ignota emisora dun radiodial de alén do Padornelo chégame eco de descoñecidos tertulianos. Na animada conversa e alertando sobre apocalípticos perigos da reescritura da historia que seica impulsan a través da escola os erosionadores da españa, comentan das ikastolas e ao pouco acórdalles unha notice que lles chega de oídas desde outras provincias: “y como son las que van a poner en Galicia, las Galeuscas les llaman”. Co riso perdo o final da sesuda argumentación sobre como seica lles lavarán o cerebro “desde pequeñitos” aos cativos galaicos.
.
.
.
