Zona Cacharro: espectacularidade?

Sorprende un chisco a tan traída mención da suposta espectacularidade da operación policial da pasada semana nas dependencias da deputación luguesa. Aínda non topei quen me explicase ben a que se debe tal prevención… Botaron foguetes de sete estalos mentres entraban no edificio? Levaba o fiscal un radiocasete metendo barullo con algunha peza tipo “Foloumi janster” ou así? Mazaron nalgún “presunto” antes de lerlle os dereitos? Irrumpiron con tanqueta tipo “Cowboysdelasfalto? Escoitábase a banda sonora de The Untouchables polo fío musical mentres remexían na documentación a incautar? Polo que eu lle oín aos lugueses, o espectacular é que unha operación deste tipo non tivese acontecido antes…

e quen carallo son os hombres de harrelson?
Comment by harrelson — May 24, 2006 @ 3:05 pm