andaime

May 22, 2006

O mellor Carrabouxo do ano

Filed under: outres

carrabouxo_valedore
“Vota Carrabuxo!”. Está aberta en La Región unha impagábel galería con rexistro dos varios centos de carrabouxos dos últimos catro anos. Pra non perdere. Por certo, cumpría comentar tamén que por terras de don Liborio foi noticia estes días a cautela coa que o patrón recibiu o episodio xudicial en que andan enleados subalternos do veciño barón das gafas escuras. Se o “non sorprendeu a ninguén” e a forte “percepción social” do asunto da corrupción son definición habitual estes días pola parte luguesa veremos o que nos trae no futuro o triste paralelismo das dúas provincias.

Por certo, as casualidades é o que teñen, coincidían os episodios xudiciais lugueses co traslado unhas horas despois dun camioneto cheo de papeis do departamento de Vías e Obras… da deputación de Ourense. Seica a causa de obras de reforma no tal departamento. A foto en La Voz.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://andaime.blogsome.com/2006/05/22/o-mellor-carrabouxo-do-ano/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers