andaime

May 18, 2006

Zona Cacharro

Filed under: politiques

senleire
Coma elefante entre cachifallada entrou este xoves a policía na maior empresa da provincia de Lugo, póñanlle todas as comiñas que queiran pero os números son así de tristeiros por terra luguesa, e saiu con nove presuntos corruptos collidos pola orella do presunto fraude.

Chegan tempos interesantes por OutLaw Lugo, máis aínda despois do anunciado pulso entre Cacharro e Barreiro pola candidatura ao trono provincial. Seica a poalleira acubillada embaixo da alfombra deputacional é ampla e variada, pero complicada de hixienizare. De precipitárense novos lances xudiciais veremos en que grao a dirección dos populares galegos aproveita para escorrentar lastres. Negaranlle o calor do partido ao barón das gafas escuras aproveitando para moverlle a silla, arriscando a perdela de vez nas urnas?

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://andaime.blogsome.com/2006/05/18/zona-cacharro/trackback/

  1. eu temo a vinganza de cacharro… con esa cara de malo debe estar preparando unha boa :D

    Comment by berto — May 18, 2006 @ 10:04 pm

  2. Carafio, pois aquí fixéronlle un photoshope onde aínda parece máis malomalísimo: blacklisted.blogsome.com/2006/05/22/os-untochables-de-izaguirre/

    Comment by andaime — May 25, 2006 @ 6:49 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>


Get free blog up and running in minutes with Blogsome
Theme designed by Gary Rogers