O capital de Federico
Agoiráballe hai pouco a don Fe-derico unha próxima volta ao pontificado televisivo (na memoria está aquela orixinal sección do “cara a cara” que Tele 5 improvisara con Losantos-Carnicero a cada lado da mesa). Xustamente, a recente ampliación de capital da empresa está especialmente pensada para o lanzamento do proxecto audiovisual de Libertad Digital, que coa inestimábel beizón das licenzas que tan xenerosamente lle veñen concedendo algúns gobernos autonómicos semella ir por bo camiño.
Por certo, un ollo ás contas da empresa dá boa idea do ben que evolúe economicamente e en tempo récord o diario convertido en referente da dereita española. Un repaso rápido da portada amosa que contan con bos amigos, ou cando menos, cos amigos que teñen os petos máis cheos: son habituais os pegotes publicitarios dalgunhas das empresas máis fortes do Estado, mesmo dalgunhas que se deixan ver máis escasamente noutros diarios de referencia.
Coa inxección económica dos máis poderosos non é de estranar o despregue de medios e seccións e o espectacular crecemento do portal en tan pouco tempo. Mesmo para adicarlle tan detallados esforzos investigadores ao bautizado showroom de De la Vega.

O capital de Federico
Agoiráballe hai pouco a don Fe-derico unha próxima volta ao pontificado televisivo (na memoria está aquela orixinal sección do “cara a cara” que Tele 5 improvisara con Losantos-Carnicero a cada lado da mesa). Xustamente, a recente ampliación d…
Trackback by chuza.org — March 31, 2006 @ 9:13 pm